leoeosseus

Wednesday, 25 July 2012

Décimo terceiro mes ( e máis un día )


O tempo corre que dá gusto e aquí temos a xoubiña facendo unha das súas especialidades: darlle aos botóns. Xela avanza mui rápida nas súas destrezas. Saúda coa man, pide as cousas co dedo, colle e devolve cousas na man e anda dun lado para outro explorando e se carrexa algo, millor que millor. Gústalle saír e estar con xente. Pasou uns días mui malos por unha moa de atrás de todo e, falando diso, non sei exactamente cantos dentes ten. Diante ten sete e moas polo menos ten esa que a fixo sufrir.
Dorme ben e segue coa teta. No comer está entrando polo aro coa fruita e gústalle a pasta. Tamén lle gusta o pan e as galletas.
Eagora deixo de escribir que teño un camiño por diante que facer para estar co ela e co resto da familia, claro.

Labels:

2 Comments:

At 27/07/2012, 00:48 , Blogger zeltia said...

Non me estraña que devezas por estar con ela... é ben bonita, e nesa edade en que todo o descubren e todo o aprenden déixannos marabillados...

 
At 27/07/2012, 12:46 , Blogger Peke said...

Ten unha expresión tan relaxada e feliz que dá xenio vela. :)

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home