O bo de ser blogueiro
Sei que baixei o ritmo de posteo e o ritmo de comentarios pero de algo que me alegro sendo blogueiro é cando recibo presentes e máis cando veñen de sorpresa.
O último que me chegou viña da Fonsagrada pero con sinatura arxentina-galega. O presente foi un libriño dun home que se sente galego anque só estivera na terriña nunha ocasión. O seu avó emigrado foi quen de inxectarlle o amor por esta terra e o idioma galego que muitos menosprezan.
Dese libriño quédame unha boa lembranza e a imaxe dunha chave dun hórreo pendurada nunha parede arxentina.
Graciñas, Antón do blogo Cuspe de pita.
Etiquetas: interrede VI
9 comentarios:
Moitas grazas pola entrada :-)
Aledame que che gustara a sorpresa.
Por sorte puiden voltar á terra este ano. Só estivera no 2000...
Unha aperta, Pedro.
Antón.
Estas surpresas são magníficas e fazem-nos sorrir imenso!
Um abraço.
Que sorte!!!!!
Supoño que foi unha boa sorpresa cando che chegou o paquete.
Imaxino a túa cara. A mesma de Antón cando viu que lle tiña gardada certa botella de viño ¿acórdaste? ;-)
Xa temos outra cousa en común ti e máis eu: a ledicia de ler a un galego de corazón.
Apertas
Un bo agasallo, sen dúbida!
Também não tenho andado muito por aqui. E antes de prosseguir quero dar os parabéns à sua bebé pelo 2º aniversário.
Está linda.
Depois gostaria de lhe dizer que se puder passar pelo Sexta ficaria muito contente. Porque a data é importante para mim.
Um abraço
Sei o que sentes...!
:-)
(espero que ao chegar á monotonía outonal volvamos os blogueiros todos ó millo, perdón digo á blogosfera)
algunha vez visitei o blog de Antón de Muros... sin dúbida é un regalo moi emotivo que ben se merece unha entrada como a que lle das.
Noraboa a Antón e a ti.
biquiños,
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio