Décimo quinto mes
Comezou o outono con forza e coincidiu cos primeiros quince meses de vida de Xela.
A xoubiña espabila con rapidez e xa anda lixeira e ata quere correr. Vai saudando á xente, a cans e a coches e manda bicos polo aire. Asinte coa cabeza e dá golpes no peito cando mira unha foto súa explicando que é ela a da foto. Quere subir e baixar escaleiras ela soa e fuchica e foza en todo canto hai. Está pasando malas noites porque lle están a nacer os últimos dentes de leite que son os cairos e algunha moa. Gústalle a música, a tele e os sitios onde hai acción e estes días coas festas de Vilaguindastre está no seu ambiente.
Que siga así !.
Etiquetas: xela I
6 comentarios:
Pois tes razón, que siga así, que está preciosa.
Bicos
Está na época máis linda, cando aínda teñen cariña de bebé pero xa fan moitas cousas eles sós.
Biquiños para ela e o seu irmán, que está feito un mozo xa :-))
Está cada dia mais bonita. Que Deus a proteja.
Um abraço
sí, que siga así. Sana, linda, lista.Que sigades vós disfrutando de vela medrar, e nós, compartindo contigo.
Polo que contas e polo que se ve, xa podedes estar contentos con ela, xa. Dá xenio vela! :)
saiu rebuldeira.
biquiños,
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio