Décimo sexto mes
A vida leva o seu ritmo e así, sen facer ruido, Xela chegou ao seu décimo sexto mes de vida.
Ela está pletórica en todos os aspectos. Está feita unha acróbata tratando de imitar ao seu irmán e así aprendeu a balancearse onde pode: na varanda do portal, na mesa da cociña... no lavabo !.
Ela non ten límites e atrévese a todo menos a comer muito.
Di "agua" perfectamente, "caca" para dicir "blanca" ( para risa de Leo ), "ah" para saudar, "ao" no canto de chao e se lle preguntas que tal está ela di algo entre "ben" e "ban". Tamén di "can" e "bambán". Sabe coreografías de cancións e quere aprender fuchicando en todos os aparatos.
E así tira para adiante esperando que lle nazan os catro cairos e esquecendo o costume de chuchar o maimiño esquerdo para durmir.
A ver como avanza o terremoto.
Etiquetas: xela I
4 comentarios:
ai, como pasa o tempo, parade, parade!
pero da gusto ver como medra, como vai conquistando a súa independencia...
(hoxe quitáronme ao meu fillo da cartilla do médico, como ten máis de 26 xa non ten dereito a estar comigo nen con seu pai. pero como non ten traballo, que ainda estuda... é como un cidadán de segunda, porque non ten dereito a "ter médico" nin menciñas. S´`o, se lle da un ataque de apendicite ír a urxencias...
bueno, perdona, que non acae moito aquí, un post feliz de medrar e madurar, pero estou cabreada cos recortes na saúde.
Esta Xela, para min é mudial. Espero que neses feitos ximnásticos, non rompa os "cancelos", tal le chamaba a miña avoa os "incisivos".
Apertas.
Na segunda foto está tan seria que semella reflexionar en algo profundo.
¡como se me parecen o Leo e Xela!
biquiños,
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio