Vendima 2012
Este ano a vendima foi atrasada e semella que a crise lle afectou que non hai nin a terceira parte do que houbo o ano pasado. Iso si, o pouco que hai está sanciño e o tinto polo menos vai ser un viñazo este ano.
En Arbo vendimamos o Albariño o sábado e foi pouco. Cambiamos de adega e agora a uva albariña e treixadura vai para Martín Códax .
Agora está practicamente rematada a vendima que só queda o híbado para facer o branco de casa.
Este ano a vendima foi un visto e non visto.
Etiquetas: natureza V
6 comentarios:
Pois agora a esperar polo viño!
Menos traballo, entón, se foi nun visto e non visto
O outro día escoiteile a un vello labrego decir: Ano bisiesto, colle todo nun cesto.
O mellor é certo.
eu non analizo a vendima desde a túa perspectiva... eu só sei que as uvas este ano son mellores e máis sanciñas que as do ano pasado, e punto, e o sei porque teño un compañeiro que ten parra e cada ano vaime traendo uvas a bolsiñas que sabe que me gustan moito.
e uva catalá, creo que lle chaman, son desas uvas que apretas nelas, e quedas coa pel e comes a pulpa enteira.
biquiños,
De viño non sei nada nin entendo nada, a min o que me gusta é a foto, con esas uvas mouras tan parecidas as da parra da casa de meus pais, que xa non existe ;-))
Unha aperta
pois a min gústame comelas!
como nós cando era pequena non faciamos viño, qeu habia pouca viña, non o boto de menos, e o que eu fago e traer cestos delas para a coruña e papar uvas dia sí e día tamén.!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio