Xela comunicándose
Esta xoubiña non para e quere comunicarse cos demáis e estar en todo. Vai dicindo " a " a todo que é o seu xeito de dicir " ola " e despóis di " ao " para despedirse. Tamén tararea algúns anacos de cancións e imita bailes. Cando menos o penses xa está detrás túa para repetir o que fas ou facer algunha das súas que basta que lle recrimines algo para que o volva facer. Quere vestirse soa, calzarse, subir escaleiras ou cadeiras ou paredes; o caso é agabear por onde sexa. Empeza a botar carreiriñas e quere chimpar. Vai atrás de pelotas e coches de xoguete e pasa páxinas de libros. Encántalle sinalar as fotos que hai penduradas pola casa e despegar algunhas tamén. Desmonta os mobles dos libros, dos CDs e dos DVDs.
Vaia, que non hai momento de paz co ela. Non sei de onde saca tanta forza a ratiña.
Etiquetas: xela I
7 comentarios:
Chegará lonxe. Bicos.
Se a ves o outro día no columpio de Pío XII, parecía unha "camicace", que non facía máis que botarse ao baleiro! Uxía estoupaba coa risa...
vamos, que non vos aburrides...
é incríble como lles gusta os rapazolos e rapazolas os aparatellos tecnológicos: móbiles, ordenadores... os manexan estupendamente.
biquiños,
como se abre paso...!
Está linda e espabilada, ten razón Aldabra: non tedes tempo de aburrirvos.
Como medrou!
Xela está uma gracinha.
Que Deus a abençoee lhe dê inteligência e sabedoria para transformar em rosas os espinhos que a vida lhe apresente.
Um abraço
Cousa bonita, esta nena! E o Leo, feito un mozo! Así dá gusto!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio