leoeosseus

mércores, 26 de xuño de 2013

San Xoan 2013


O sábado escuitei dicir a unhas mulleres de Cesantes " Se chove por san Adrián, chove en tódalas festas do verán ". Espero que estean erradas e, polo menos no san Xoán, si que non atinou o refrán.
Houbo lumes que non visitei pero sei que sardiña houbo pouca que estaba carísima e a xente non está para pagar de máis.
Pola zona de Arbo non hai costume de facer lumes pero si de " roubar " o que se pode. Antes eran carros, cancelas e macetas pero hoxe é o que se pode e así na praza de Barcela atopei algunhas cancelas, un triciclo de neno, un carretillo, unha escada, un chedeiro de carro, unha grade e dous espantallos.
Aínda queda a noite de san Pedro que tamén é noite " especial ".

Etiquetas:

1 comentarios:

Ás 05/07/13, 01:25 , Blogger Paz Zeltia dixo...

chamame a atención ese costume de roubar cousas en troques do lume...
na miña aldea do Deza tamén roubaban unha noite, según me ten dito miña nai; pero non lembro cal noite era.
(e o das sardiñas foi certo ho!)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio