leoeosseus

sábado, 10 de agosto de 2013

Cesantes


Comer ben, barato e algo salgado a máis. Recibir unha convidación para unha voda co arroz incluido. Refotar unha vella foto da Coca de Redondela mentres Leo e Xela quedaban abraiados mirando moedas entre as pedras da tasca. Bañarse e rebañarse nunha auga calma e quente. Pór coloradas as costas.
Todo isto pode ser e foi Cesantes.

Etiquetas:

3 comentarios:

Ás 13/08/13, 01:03 , Blogger Alís dixo...

Calquera sitio pode ser un bo lugar para pasalo ben. Só depende de ter algo entretido que facer e, claro, unha boa compañía.

Unha aperta

 
Ás 14/08/13, 00:53 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Que interesante esa foto! E continúa hoxe esa tradición...?

Pois case estamos o mesmo día polo mesmo sitio :) non estiven nunca en redondela e pensei en ir a esa praia de Cesantes, ir á punta para gozar da vista da Illa de San Simón na ría...
máis non topamos hotel que nos convencera (todo andaba cheo) e fomos cara Aldán. (quedei moi contenta, esa zona nunca me cansa)

 
Ás 19/08/13, 19:44 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Que teñen esas fotos de antes que tanto nos prenden a mirada?.

(Coidarse do sol, que quenta que nin diola!)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio