leoeosseus

sábado, 10 de agosto de 2013

Poñéndome ao día


Pasa o tempo e non me poño no ordenador. Esta quincena estiven traballando de tarde así que adiquei as mañás a estar coa familia na casa ou paseando. Ás noites viña eu canso do traballo así que era cear e ir para a cama e pouco máis daba o día.
Xela segue na fase de aprender a controlar as súas necesidades e lévao asiasá; hai días  que pide e outros que mexa en calquera sitio para riso de Leo. Pero Xela sabe facerse querer e fainos rir cando o irmán prepara o almorzo para os dous anque ela pouco o toca. Vén Leo carrexando e Xela dille: " Si, señor. Leo. Campión. "

Etiquetas:

3 comentarios:

Ás 10/08/13, 01:49 , Blogger Alís dixo...

Qué grandes están xa!
Vexo ás miñas, que naceron só uns meses despois que Xela, e non podo crer o rápido que pasa o tempo, ese tempo que tanto escasea para escribir ou facer outras cousas que nos gustan aparte de traballar e estar con eles.
Foi un gusto pasar por aquí
Unha aperta

 
Ás 10/08/13, 02:02 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

E assim vão crescendo em harmonia. Um abraço e bom fim de semana

 
Ás 14/08/13, 00:54 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Leo campión? esta nena...!

(o de ter pouca gana de ordenador, debe ser andazo!!!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio