leoeosseus

domingo, 29 de setembro de 2013

De voda



Pois si, mentres uns chegan ás súas vodas de cristal outros anímanse a casar nestes tempos coa que está caíndo.
O sitio estivo mui ben e gustounos todo, tanto a comida coma o trato do persoal.

 



Houbo momentos especiais coma o baile dos noivos xunto cos amigos nunha coreografía que non deixou indiferente nin aos camareiros. Bueno, a algún si.
Tamén entrou un can despistado pola porta e fixo rir a máis dun.


O Leo e Xela tamén o pasaron ben coa música e cun inchable e xoguetes dunha animadora para os nenos. Aparte estiveron a lidar cos curmáns segundos daquí para alá. Outro detalle foi a mesa con lambonadas especialmente posta para os pequenos.



A xente estivo alegre e houbo que apartar zapatos de tacos para poder seguir a música.
En fin, que non houbo dúbida.

Etiquetas:

2 comentarios:

Ás 30/09/13, 22:02 , Blogger Angel Utrera dixo...

Coma pasa o tempo.....Miña nai e parece que foi onte cando estivechedes polas pedras dos Pendellos....Como medrou o Leo..

 
Ás 14/10/13, 14:15 , Blogger Paz Zeltia dixo...

eses dous bailaríns xa parecen os da peli aquela de Darty Dancing

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio