leoeosseus

mércores, 26 de novembro de 2014

Outra cachucha


Estiven relendo posteos de hai tempo e topei o posteo no que falaba das cachuchas que para os mexicanos son gorras e para os galegos son cabezas e máis concretamente de porco.
En Arbo tamén é a cabeza dunha persoa e así tamén din con toda naturalidade: " Hoxe dóeme a cachucha ".
Pero na Arxentina a palabra cachucha define unha parte do corpo que non é precisamente a cabeza. E así foi o que lle aconteceu a unha muller de Arbo recén desembarcada en Buenos Aires. Foi á tenda dunha galega e díxolle á tendeira no español que sabía: " Hoy me duele la cachucha ". A tendeira alarmouse e díxolle no oído: " Cala, burra e non dighas iso; que na Argentina a cachucha é a cona. "
Na foto cintos de castidade medievais que si daban dores na cachucha arxentina.

Etiquetas:

2 comentarios:

Ás 30/11/14, 20:44 , Anonymous Rosa dixo...

A imaxe faime pensar na cantidade de torturas ás que dende sempre levamos sometidas as mulleres. Unha violencia de xénero , que ben lle vale!
Co da cachucha aínda conseguiches sacarme un sorriso
:)

 
Ás 29/12/14, 14:26 , Blogger Paz Zeltia dixo...

que tremendo debía ser ir con iso pegado ao corpo. E que pouco hixiénico. xa non falo da amputación á dignidade que iso supón.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio