leoeosseus

venres, 15 de maio de 2015

Cerca das Letras Galegas


 
Sen entrar na polémica sobre o merecemento do autor para ser homenaxeado; o concello safa o asunto pendurando os debuxos dos rapaces do instituto no centro cultural.
 

 
 
Hai empresas que lembran o día nos seus envases ou nas súas bolsas da compra.
 



Outros prefiren pasar o día de paparotada.

 
Anque teñen algunhas vacilacións á hora de escribir os cartaces...
 

 
E como estamos nun minifundio pois é que no mesmo concello e na mesma data outros veciños celebran outra paparotada distinta e redactan o seu cartaz propagandístico nun idioma errático que empeza sendo galego e remata español.
 

 
E mentres pasa todo isto, no colexio á miña filla de case catro anos dille a profesora que a palabra " lesmia " non existe.

En fin: País.

Etiquetas:

1 comentarios:

Ás 10/06/15, 10:02 , Blogger Paz Zeltia dixo...

eu tamén fago ás veces así: empezó nun idioma e termino noutro, e meto polo medio a palabra que acuda primeiro ao maxín, sexa castelán ou galego. Estoume volvendo unha desleixada... é parte da miña falta de enerxía nestes días.
iso sí, cando escribo, inda que non sexa cartaz ;-) procuro facelo sen faltas de ortografía e sen bailar o idioma

as paparotas tamén me encantan, en calquera língua!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio