Páxinas

martes, 17 de novembro de 2015

Preguntas


Mentres os adultos nos preguntamos por que hai atentados ou por que esta crise segue afectándonos tan de cerca; os nenos teñen outras preguntas para satisfacer a súa curiosidade. Xela o outro día preguntou cal foi a primeira canción da historia e non hai resposta para iso. Leo tamén preguntou pero a súa pregunta tiña resposta que eu non coñecía. A pregunta do Leo era: Cal foi o primeiro debuxo animado ?.
Se non o sabes aquí está Fantasmagorie. Gózao.

2 comentarios:

  1. O meu padriño hai moitos anos díxome que a primeira canción xurdiu nun coche que non frenaba e o fillo preguntaba "parará papá?" e o pai contestaba "parará Pachín". Parará papá, parará Pachín, parará papá...

    ResponderEliminar
  2. Sei esa historia pero coa versión dun día de chuvia con Pachín e o pai na casa mirando pola fiestra a ver se paraba a chuvia.

    ResponderEliminar

És humano ti ?