leoeosseus

domingo, 13 de decembro de 2015

Escaina, días e chourizas


O outro día oín no choio a expresión: " limpo coma unha escaina " e, como non coñecía o significado desa escaina tiven que buscalo pola interrede. No Dicionario de dicionarios di que é " fariña que se compra nos comercios " e non me pegaba. Topei no Dicionario de dicionarios de xirias as definicións de " muiño " e " mentira " que tampouco me chistaban. Seguín e fun topando a frase en Da roda para a piola como frase adxectiva usada en Ponteareas e tamén no blogo Da cerna onde recollen palabras e expresións; pero non dous sitios non me aclararon o significado. Preguntei en Arbo pero non sabían e tiven que topalo na páxina Lingua de Beade onde di " escaina: recipiente onde se colocan as hostias " e que debe de ser o que buscaba eu.
Iso si, oín tamén a frase " hai máis días ca chourizas " para referirse a que hai ocasións para vingarse pero non a atopei en ningunha parte.
Na foto sai a mostra dun que deixou a súa casa " limpa coma unha escaina ". Pero que estea tranquilo que hai máis días ca chourizas.

Etiquetas:

3 comentarios:

Ás 13/12/15, 23:55 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Passei.
Deixo um abraço e uma boa semana

 
Ás 18/12/15, 22:44 , Blogger La queue bleue dixo...

Súper interessante, paideleo!! O das chouriças eu vim-no em páginas portugas; e, por outro lado, na aldeia de meu pai (ribeiro) às chouriças chamavam-lhe longaniças em tempos. ;-) Boas festas, já que estamos!

 
Ás 22/12/15, 21:16 , Blogger Churrusqueira dixo...

Eu tampouco coñecía o termo. Grazas.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio