leoeosseus

luns, 21 de marzo de 2016

Desaprendendo


 
Mentres en Arbo aprendo, en lugares onde supostamente tiña eu que aprender; pois desaprendo. E así no colexio dos nenos poñen o menú para coñecemento xeral e aparece un " axillo " difícil de tragar e nunca millor dito. Postos a non saber poderían traducilo con alliño que é una tradución a machada pero algo lóxica ou co correcto allo sen máis voltas.
 


No español creo que tampouco vou aprender muito con esta puntuación, esas maiúsculas e o " acede " e " hacer el favor ". E para máis chiste o escrito está na porta dunha biblioteca dun centro cultural.
En fin...

Etiquetas:

1 comentarios:

Ás 28/03/16, 15:08 , Blogger Paz Zeltia dixo...

ai, non digas, onde estea un bon "polo ao axillo que se quiten os percebes.
a pena é que estea colocado onde está... eu tento ser "condescendiente" cando a intención é boca. Todos temos erros cando estamos aprendendo unha lingua. E, inda que pareza incríble, os galegos estamos aprendendo a nosa lingua, día a día.

Tanto falar de comida, marcho zampar un filete á prancha

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio