Hoxe cruceime co home que repón a máquina das bebidas do traballo e nin mirou para min cando o saudei. Iso fíxome lembrar hai máis de vinte anos cando traballaba na Citroën no turno da mañá. Os traballadores da cadea de montaxe entrabamos ás seis da mañá e os da oficina ( a Casa Blanca ) ás nove. Cando pasaban pola fábrica os oficinistas nin miraban para nós e a xente berráballes: " Ío !. Iovai ! ". Pasaron todos estes anos e descubro no
Disionario Morrasense-Jodechincho a entrada
Iovai: de " ahí o vai ! " saúda para aquel que pasa de largo sin falar.
Na ilustración que poño o " iovai " sería o home de gafas e bigote.
Infelizmente, coñezo esa sensación. Aquí hai unha expresión para mostrar como se sente un ao ser ignorado así: "E a min pariume unha cocha!"
ResponderEliminarAntigamente todos se cumprimentavam.
ResponderEliminarHoje parece que somos invisíveis.
Um abraço
O que hai e moita mala educación.
ResponderEliminarbueno, non vou ler todo o diccionario, pero algunhas expresión que lin non son propias só do "morraso"
ResponderEliminar