Páxinas

venres, 23 de setembro de 2016

Verdade coma un templo



Escapaba un libro sen ler e sen ser unha obra de arte faime rir e aparte ten este párrafo que é unha lección sobre o comportamento do ser humano.
E agora vou traducir esta verdade coma un templo.

" Si - un home imprescindible. Créocho ben que puideses pensar iso. Pero eu penso que é de mala ralea. Mira Forrest, ti tés boas cualidades, pero o teu gran problema é que confías en todos. Non pensas que hai xente por aí que cha vai facer en canto poida. Ollan para ti e din: un pimpín. E ti, de parvo, non sabes distinguir. Tratas a todos coma se fosen amigos. E iso non é así neste mundo, Forrest. Muita xente non é amiga túa. Miran para ti do mesmo xeito que un banqueiro mira a alguén que vai pedir un préstamo- Como fago para guisparlle os cartos a este pailanciño ?. Éche así, Forrest. Non che é doutro xeito ".

Lido en " Gump & Co ".

3 comentarios:

  1. Enfermo desse mal, amigo Pedro.
    E à conta disso já apanhei algumas decepções. Mas as vezes que não me enganei ainda pesam muito mais na balança.
    Um abraço e bom fim de semana

    ResponderEliminar
  2. Si señor. É ben certo!

    ResponderEliminar
  3. así é. na peli (eu non lin o libro) todo lle sae ben a Forrest, pero na realidade todo ese cúmulo de sorte... non se dá. Certo que a actitude fai moito para que as cousas che veñan de cara, e non de cu.

    ResponderEliminar

És humano ti ?