Humor laboral
No traballo non só se perde olfacto e oído e acabas derrengado de mover toneladas, non. Temos o tempo do taco para leriar un chisco e a ducha do final da xornada que é o que nos aporta enerxía e non outras cousas.
No vestiario hai un servicio que non funciona estes días e así puxeron o cartel indicándoo.
Pero, está claro, iso deu para " adornar " a outra porta por dentro con outro cartel en plan Barrio Sésamo explicando " dentro ", " fóra ", " cerca ", " lonxe ", etc.
Hai que tomar as cousas con humor !.
Etiquetas: traballo V
3 comentarios:
Aínda ben que só hai que explicar o de dentro/fóra e non o de cerca/lonxe, tratándose dun wc
Moi bo!
Dá gusto ver que o sentido do humor segue e máis aínda verte a ti seguir mantendo vivo o blogue.
Eu xa ves que de momento sigo "descansando"
Se das unha volta polo Twitter alí me verás con este mesmo alcume @ChousaAlcandra
Apertas
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio