E chegou o frío como mostra a moneca do tempo do Ferral.
Estivemos pouco tempo na festa dos Calacús. Eu comín castañas e os nenos churros de chocolate. Como mudan os costumes !.
Topamos esta nota no cuarto de Leo e o ratiño Pérez deixoulle algo a Leo. O neno quedou gratamente sorprendido e non sabía por que o ratiño fixo a súa aparición. Non sei; aquí pasou algo raro.
Levo tempo sen escribir porque esta vida absorbe o tempo libre. Tamén estivemos liados preparando un traballo da " Volta ao mundo en oitenta días " polos EEUU para Xela. Extrañoume que fixese parte do percorrido nun trenó con velas.
A Torredocaminho tamén ocupa parte do meu tempo e así aprendín a canción que tararea un compañeiro cando está cabreado e non é outra que a de
Xesuscristo Superstar.
A miña canción cando estou algo encabuxado é a de
" Carros de fuego " ou a de
" La, la, la ".
Eu aprendín na mili iso de " Cuando un gallego canta o le dieron por el culo o poco le falta ".
Ti tes alguna musiquiña para eses momentos de rabia contida ?.
Etiquetas: arbo III, curiosidades XV, leo XI, traballo V, vilaguindastre V, xela VI