Novembrizando
E chegou o frío como mostra a moneca do tempo do Ferral.
Estivemos pouco tempo na festa dos Calacús. Eu comín castañas e os nenos churros de chocolate. Como mudan os costumes !.
Topamos esta nota no cuarto de Leo e o ratiño Pérez deixoulle algo a Leo. O neno quedou gratamente sorprendido e non sabía por que o ratiño fixo a súa aparición. Non sei; aquí pasou algo raro.
Levo tempo sen escribir porque esta vida absorbe o tempo libre. Tamén estivemos liados preparando un traballo da " Volta ao mundo en oitenta días " polos EEUU para Xela. Extrañoume que fixese parte do percorrido nun trenó con velas.
A Torredocaminho tamén ocupa parte do meu tempo e así aprendín a canción que tararea un compañeiro cando está cabreado e non é outra que a de Xesuscristo Superstar.
A miña canción cando estou algo encabuxado é a de " Carros de fuego " ou a de " La, la, la ".
Eu aprendín na mili iso de " Cuando un gallego canta o le dieron por el culo o poco le falta ".
Ti tes alguna musiquiña para eses momentos de rabia contida ?.
Etiquetas: arbo III, curiosidades XV, leo XI, traballo V, vilaguindastre V, xela VI
2 comentarios:
Muito interessante. Especialmente esse costume de cantar quando se está encolerizado com algo. Nunca tinha ouvido nem lido nada assim.
Um abraço
mmmm Leo misterioso... mmmm
Eu non canto cando estou cabreada. Digo unha letanía de malas palabras, buscando a máis gorda e irreverente que se me poida ocorrir. Todas teñen que ver coa evacuación corporal. Dou medo.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio