leoeosseus

martes, 29 de xuño de 2010

Outra noite máxica


Se na noite de san Xoán muitas cousas adquirían a facultade do movemento na de san Pedro aínda se moven máis.
Arriba están retratadas unhas macetas que descansan nun banco do adro da igrexa de Sela en Arbo. Non estaban soas que por alí había espallados carretillos, cancelas, escadas e outros ferraganchos.
Abaixo está retratado o palco de festas de Vide, As Neves; onde semella ter máis forza a capacidade de mobilidade das cancelas, dun carretillo e dunha chedeira dun carro.



Etiquetas:

domingo, 27 de xuño de 2010

Corenta e cinco meses



O macaquiño estase acercando aos catro anos de idade. No plano físico dicir que se move muito máis anque baixa as escaleiras apoiado e con medo a caír. Come bastante ben anque estes días come pouco pola calor e dáselle máis por beber. Na hora de pedir caquiña está cunha etapa de indecisión que esperemos que dure pouco. Gústalle que lle lean contos e ver a tele un pouco: Dora Exploradora e Bob Esponxa e logo apaga el a tele. Segue inventando historias cando xoga con monecos ou pezas de construir anque cada vez están máis castelanizadas. Tamén lle gusta debuxar caras e letras e repasar puntiños. No coche gústalle escuitar música e ultimamente faime gracia tarareando música de Tic-Tac. Tamén me fai gracia cando solta algunha das súas como a de onte: " Estamos lonxe da verdade ". De onde as sacará ?.
E así vai.

Etiquetas:

venres, 25 de xuño de 2010

Repitindo o san Xoán


Pasa o tempo e repítense datas e costumes. Como xa puxen o ano pasado as fotos típicas, este ano volvo actualizalas.

Arriba está retratado o palco de festas de Vide, As Neves; onde quedaron " aparcadas " catro cancelas que adquiriron a facultade da mobilidade na noite máxica de san Xoán.

E abaixo poño tres fotos da praza de Barcela, en Arbo, que amenceu transformada nun museo etnográfico pola cantidade de ferrallada amoreada. Había dous carros, varias cancelas, un eixo con dúas rodas, dous arados, dúas grades, un leghón, varias escadas de madeira, un carretillo, outro carriño, outro carriño de caixas ( o " diablo " mexicano ), unha cadeira, ferros varios, unha salgadeira do porco e as actuacións estelares dunha restra de cinco asentos dunha parada de autobuses e unha cabina telefónica que serve de improvisada mesa para unha botella de viño !.
Por esta zona nunca tiveron o costume das cacharelas pero penso que xa lles chega co este de mover cousas do sitio.
E aínda queda a noite de san Pedro !.


Etiquetas:

martes, 22 de xuño de 2010

Hiperespañolismos


O Leo rematou hoxe o curso escolar e xa non ten que madrugar e terá máis tempo para xogar e estar conosco. Seguro que botará en falta os compañeiros da escola; fixo varias amistades e pásao ben co eles e aprende o español tamén porque todos ou case todos falan español, incluidas as profes menos a profe principal.
E así agora é máis papista ca o Papa e traduce muitas cousas do galego ao español e ata inventa hiperespañolismos. Di cousas como " el nariz ", " la mía zapatilla ", " fillito ", " cancito ", algún " coejo ", " lonje ", algún " tiengo ", " hacín " ou cousas rebuscadas como " la zapatilla tuja " ou " me puerto bien " que me fan lembrar vellas que dicían " aceche " no canto de " aceite ".
A ver como evoluciona o seu falar estes meses de verán.

Etiquetas: ,

O capricho das zocas


Hoxe xa traballei pero botei a mañá percorrendo chatarrerías en busca dunhas llantas. Das chatarrerías podo dicir que sempre atende un mozo raro e que teñen un reloxio de parede parado. Nunha delas semellaba que había un rastrillo porque había radios antigas, rodas de carro ( a 150 € ), xugos, arados e ata unha dilixencia !. Mirei unhas zocas e entroume a cobiza de telas e alá as merquei. Agora Naideleo pregúntame para que as quero e a verdade é que non sei a resposta. Pois si que estamos nun mundo consumista !.
Ti que farías co elas ?.

Etiquetas:

domingo, 20 de xuño de 2010

A criación segundo algúns indios


Segundo os Iroqueses o mundo foi creado por unha muller que caiu dende o Paraíso por un buraco que deixou unha árbore caída. Cando caía a muller uns gansos agarrárona e pousárona enriba dunha tartaruga que flotaba no mar. Co tempo esa muller poboou esa tartaruga que se converteu en América do Norte.

Segundo os Navajos no primeiro día o primeiro home e a primeira muller fixeron o monte Norte. Ataron o cume cun arco da vella e encheron de plantas e animais a montaña. Como o norte acostuman identificalo coa cor negra no cume da montaña puxeron unha pota con dous ovos de merlo.
Todas son teorías pero gústame que non haxa seres superiores detrás e que unha muller sexa a principal protagonista do feito.

Etiquetas:

sábado, 19 de xuño de 2010

Fotos de nativos americanos








Outro libro que " fusilei " é " Through Indian eyes " de varios autores, ano 1995; un fermoso libro onde fala do mundo do nativo americano dende a ollada desa xente. O volume está cheo de fermosas fotos, ilustracións e textos.
Estas fotos que mostro lémbranme as de Edward Curtis pero non son da súa autoría.
Outro día porei ilustracións dese libro e algunhas teorías da criación do mundo para esa cultura.
Anque semella que roubo fotos estou acollido ao dereito de cita establecido polo artigo 32 da LPI, a título de cita, para poder comentar e ilustrar unha obra.

Etiquetas: ,

venres, 18 de xuño de 2010

Récord de nome longo e embarcacións


Sigo " fusilando " fotos de libros, actualizando ligazóns e viaxando pola interrede para descubrir un sitio onde publican libros en pdf e así ligar un libro de embarcacións galegas.
A foto fusilada é do libro " The British Isles " de Colour Library International do ano 1978 e retrata unha estación de tren en Gales que ten, probablemente, o nome de lugar máis longo do mundo e que quere dicir ( na miña tradución ): " Igrexa de Santa María do val do bidueiro, subindo o remuiño e a igrexa de San Tysilio que están á beira da cova vermella ". Na foto fáltalle ó nome o " L " inicial. Supoño que xa te decatarías.

Etiquetas: , ,

mércores, 16 de xuño de 2010

O mundo de Juan Pando












Xa que non podo pasear muito, aproveito e viaxo polo mundo antigo nos libros da casa e así podo ensinar como eramos antes ou, por exemplo, mostrar como mudou de apariencia Redondela na última foto.
Todo gracias ás fotografías de Juan Pando incluidas no libro " Fisonomía y alma de Galicia " do Dr. A. Rodríguez Rodríguez do ano 1998.

Etiquetas:

luns, 14 de xuño de 2010

Soño ecolóxico


Temos a revista do cole de Leo e nunha páxina os nenos de seis anos debuxan a resposta á típica pregunta de " Que queres ser de maior ? ". Son dezaseis alumnos que responderon así: dúas profesoras, dúas animadoras, dúas veterinarias, unha médica, unha mestra, unha xardineira, dous futbolistas, un veterinario, un policía, un pintor, un explorador e un mariñeiro. Destas respostas extrañoume que ninguén quixese ser actor ou cantante e que houbese un que quere ser explorador e outro mariñeiro estando tan lonxe como está Vilaguindastre do mar e tal como vai o sector.
E postos a soñar a min gustaríame coller a estes dous rapaces dentro duns aniños e levalos ao Pacífico norte a pescar a inmensa illa de refugallos plásticos que estamos creando entre todos. Todo o que se bota ao mar remata acumulándose nesa zona que xa ten dimensións xigantescas. Calcúlase que a mancha é tan grande como dúas veces a península Ibérica e que ten un grosor de dez metros.
O malo sería topar unha rede para pescar todo iso e onde deixalo despóis !.

Etiquetas:

domingo, 13 de xuño de 2010

Riso servido a domicilio



O outro día rin un pouco co esta chata no escrito en galego pero máis esaxerada é a chata do autodenominado rei " do " bricolaxe que reparte folletos coa portada e contraportada en galego e o interior en castelán e publicitaba un colchón sen " peiraos ". Como rin imaxinando iates e trasatlánticos navegando dentro do colchón no caso de que tivese peiraos !.





Etiquetas:

venres, 11 de xuño de 2010

Galegos, xíbaros e maasais


Estes días, cando non estou xogando de suave co Leo, teño tempo para perderme pola interrede e descubrir a fantástica historia do galego Alfonso I rei dos xíbaros ( na foto ) ou un galego que quería ser maasai. Os sabios da tribu agradecéronlle o xesto pero non o admitiron na tribu porque así como renunciaba á súa patria de nacemento tamén podería renunciar á súa de adopción. Estes si que son sabios !.
E aínda puiden escuitar unha canción rap adicada a Rosa Díez por un galego pexorativo coma todos nós.

Etiquetas: ,

xoves, 10 de xuño de 2010

Pingradiño


Levo uns días na casa por mor dunha ciática ( Paidovento, ao final tiven que contalo ) e boto de menos saír e andar anque faga mal tempo e ata envexo aos pelegríns que este ano teñen unha mascota que se chama " Pingriño " que debería ser pringadiño por ser un pingüín andante tan carregado por eses camiños. O que non sabía é que desbotaron o " Pelegrín " e apareceu outra mascota que é o " Xubi " que semella máis espabilada porque non leva nin bastón nin mochila nin farrapo de gaita. Enteireime por Galicia profunda.
Así que xa sabes, ti que podes desfruta do exterior anque non fagas ningún camiño especial.

Etiquetas: , ,

martes, 8 de xuño de 2010

O Cristo vello



Teño falado de muita xente pero nunca falei do bautizado como " Cristo vello " pola avoaM.

Nos tempos mozos ía de negro rigoroso con barbas, corpo fraco e uns lentes que tanto podían remedar a Castelao como a John Lennon. O pai preguntáballe cando ía cambiar de cor de roupa e díxolle que cando morrese el e abofé que cumpriu o dito !. Gustáballe a música instrumental e a vida perigosa tantariñando polo gume do mundo da droga anque tiña intelixencia e filosofía propias. Tamén resaltaba polo seu sentido de humor surrealista cando asustaba ás mozas cando llas presentaban ou creaba as súas paranoias. Un día deulle por dicir que era o home invisible e entregouse ao papel. Cruzouse cun home forte que non sabía desas caralladas e chamoulle " gilipollas ".O homón ganchouno polo pescozo e xa lle ía soltar un bo lapote pero o " Cristo vello " insistiu que era o home invisible e que el non podía velo e menos aínda zuscarlle. Ante iso, o cachimán quedou sen recursos, deixouno por tolo e seguiu o seu camiño.

Agora xa perdeu a barba e a cor negra da roupa e pelo pasou a gris pero conserva o seu xeito de pensar e con cincuenta anos ou case mostra a súa disconformidade coa cuñada botándolle a lingua fóra cada vez que se cruzan por Vilaguindastre.

En fin, unha personaxe que pode dar que falar no futuro.

Etiquetas:

mércores, 2 de xuño de 2010

Vences


Hai un compañeiro novo que me lembra a esta personaxe do Quixote que é Cardenio pero que tamén me lembra un antigo compañeiro de hai muitos anos. A aquel compañeiro chamábamoslle Vences que vén de Wenceslao e era un home faladeiro, de sorriso eterno e con algunha curiosidade. Tocounos traballar xuntos de turno de noite unha tempada e el mandáballe unha sopa de cabalo cansado ás dúas da mañá e deitábase no banco uns quince minutos. Outras veces contaba a súa vida embarcado ou nas Canarias ou as diferenzas do falar da Guarda con Vilaguindastre pero a historia que máis me prestou foi de como casou. El estaba mirando un vídeo da voda dun primo ( xa sabemos o divertidos que son ) e, de súpeto, espertou e fixouse nunha moza. Preguntoulle ao curmán quen era e díxolle que era a súa cuñada, a irmá da súa dona. Vences quedou prendado e díxolle que a quería coñecer. O primo presentoulla e en menos dun ano xa estaban casados.
A min pareceume unha historia incrible naqueles tempos que non había interrede nin nada. O que pasa na rede agora fai deste acontecido unha anécdota sen maior importancia.

Etiquetas: ,