O capricho das zocas
Hoxe xa traballei pero botei a mañá percorrendo chatarrerías en busca dunhas llantas. Das chatarrerías podo dicir que sempre atende un mozo raro e que teñen un reloxio de parede parado. Nunha delas semellaba que había un rastrillo porque había radios antigas, rodas de carro ( a 150 € ), xugos, arados e ata unha dilixencia !. Mirei unhas zocas e entroume a cobiza de telas e alá as merquei. Agora Naideleo pregúntame para que as quero e a verdade é que non sei a resposta. Pois si que estamos nun mundo consumista !.
Ti que farías co elas ?.
Etiquetas: etnografia IV
4 comentarios:
esas zocas están tinguidas?
mira, paideleo, se eu fose naideleo, faríache a mesma pregunta.
:)
hai unhas semanas (¡ou meses?, nunca se sabe o tempo fuxe) estiven con amigos na feira de Betanzos e había alguén emperrado en comprar unhas zocas tamén. Pero eu non fago preguntas indiscretas, a non ser que me interesen verdadeiramente ou o meu home me apareza na casa cunhas zocas ;-)
Comprendo ben ese sentimento, esa cobiza. A min non hai moito deume o antollo dun botixo de Niñodaguia; volvín para a casa máis contento que un oito, pero xuro que non atopaba onde poñer o ditosiño botixo, nin para o seu uso na cociña (a calefacción) nin baleiro para adornar.
Acabei regalándoo
Se mercar as zocas che parece consumista, eu que che ía preguntar qué chatarrería é esa por ir ver a dilixencia... Pero certamente non sei para que quero eu unha dilixencia :S
Agora que xa as tes, supoñendo que non sexan do teu número, podes empregalas como elemento decorativo ou para axudarlle ó Leo a coñecer un pouco máis da terriña na que vive. Imaxinación non che falla.
Igual se escarallan, pero...e se lles plantas unhas plantiñas nelas?
(Dille a Naideleo que se quitamos das casas todo o que "non vale", a ver con que carallo encheríamos eses baleiros!!!!)
Apertas
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio