Pingradiño
Levo uns días na casa por mor dunha ciática ( Paidovento, ao final tiven que contalo ) e boto de menos saír e andar anque faga mal tempo e ata envexo aos pelegríns que este ano teñen unha mascota que se chama " Pingriño " que debería ser pringadiño por ser un pingüín andante tan carregado por eses camiños. O que non sabía é que desbotaron o " Pelegrín " e apareceu outra mascota que é o " Xubi " que semella máis espabilada porque non leva nin bastón nin mochila nin farrapo de gaita. Enteireime por Galicia profunda.
Así que xa sabes, ti que podes desfruta do exterior anque non fagas ningún camiño especial.
Etiquetas: curiosidades VI, etnografia IV, interrede V
9 comentarios:
pois a min tamén me parece unha trapallada de mascota. (en xeral non penses tí que me gusta moito iso de inventar unha mascota para cada evento).
deséxoche pronta melloría da ciática, que é latosa pero, en troques, non se morre dela :D
Fareiche caso e serei consciente da sorte de dar pasos e de subir e baixar escaleiras (ainda que xa non sexa de dúas en dúas)
Máis a cambio, tí tés que ser consciente de que na casiña tamén se pode disfrutar moito nestes dias agrisallados e choviñentos.
O da "Xubi" esa, mireino o outro día na prensa. Totalmente de acordo co de trapallada. O "pringadiño" non o coñecía. Tamén concordo con Zeltia na manía esa de crear mascotas, pero ainda é peor crealas a mitade de ano. Moito deberon debatir para decidirse...
Cuidate esa ciática que por desgraza sei o que é, e non te envexo nada.
A coidarse , pasearemos por ti ainda que sexa baixo da chuvia.
Vai tela coas mascotas do Xacobeo deste ano....chapuzada total!
Bicos
Estou dacordo con zeltia.....
Tanta puñeta de pink e mascotas....trapalladas.
E ti xa sabes, menos percebes, e marisco que teñen moito colesterol,....e de ahi venche a ciatica, ou como ia nos temos de Felipe II....a Gota¡, infermidade de ricos....¿Porque sera..?
Apertas
Por certo non me exquecin da oferta das fotos, a ver cando me poño a ele...Tiven problemas de virus, e borrei todo, agora teño qeu recompoñer o chollo....pero segue en pè
O nome da nova mascota soa algo "pijiño" (digo eu que lle poñerían Xubi, de xubileo...Anda que tamén se van esnafrar os miolos eh!).
Da ciática cóidate, que seguro que ó Leo non lle gusta nadiña verte con cara de sofrimento. E a ti tampouco. Apertas
¿Ciática?, síntocho ben.
Xa sabes (ainda que en galego non queda ben) "ajo... y agua.."
Xa virán os dias de andar.
Bicos.
Non me estraña nada o da túa doenza. Se pensamos un pouco Que estivemos facendo os últimos días? Algunha mudanza? Máis dunha quizais? Hai un refrán que di non as fagas, non as temas.
Bicos e cóidache moito.
Avoa Cris
Cóoidate; descanso e repouso é do que precisas. Doe de carai a ciática!!! Case tanto coma doe ver o xubi ese coa percha na cabeza.
O xuvi é a oficial (http://www.europapress.es/galicia/noticia-xubi-aspira-ser-mascota-oficial-peregrinacion-impulsada-fundacion-ad-sanctum-iacobum-peregrinatio-20100607144019.html) e verdadeiramente fai de peligrin un top model de mascota...pero nesta terra sempre fomos moi fans do feismo...a saber canto nos costou a todos nós o becho eso...case prefiro o pingüín este. Saúdos e a mellorarse meu.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio