O Cristo vello
Teño falado de muita xente pero nunca falei do bautizado como " Cristo vello " pola avoaM.
Nos tempos mozos ía de negro rigoroso con barbas, corpo fraco e uns lentes que tanto podían remedar a Castelao como a John Lennon. O pai preguntáballe cando ía cambiar de cor de roupa e díxolle que cando morrese el e abofé que cumpriu o dito !. Gustáballe a música instrumental e a vida perigosa tantariñando polo gume do mundo da droga anque tiña intelixencia e filosofía propias. Tamén resaltaba polo seu sentido de humor surrealista cando asustaba ás mozas cando llas presentaban ou creaba as súas paranoias. Un día deulle por dicir que era o home invisible e entregouse ao papel. Cruzouse cun home forte que non sabía desas caralladas e chamoulle " gilipollas ".O homón ganchouno polo pescozo e xa lle ía soltar un bo lapote pero o " Cristo vello " insistiu que era o home invisible e que el non podía velo e menos aínda zuscarlle. Ante iso, o cachimán quedou sen recursos, deixouno por tolo e seguiu o seu camiño.
Agora xa perdeu a barba e a cor negra da roupa e pelo pasou a gris pero conserva o seu xeito de pensar e con cincuenta anos ou case mostra a súa disconformidade coa cuñada botándolle a lingua fóra cada vez que se cruzan por Vilaguindastre.
En fin, unha personaxe que pode dar que falar no futuro.
Etiquetas: personaxes II
6 comentarios:
Que home tan interesante!
Querería saber máis del!
Pois, a verdade é que parece un personaxe orixinal.
Persoeiros así, non sei moi ben porqué, hainos en calquera pobo.
Libres, fracos, tolos, excéntricos,cheos de humor e que se inventan un papel para vivir, pero cunha filosofía que, se cadra, habería que estudar.
Bicos
Ese interrogante na camiseta é toda unha declaración de intencións!
Pois sí que o bautizou ben a avoa M!
Todo un personaxe, si. Aínda estou por me alegrar de non vvir en Vilaguindastre. Se non me gusta a semana santa é por non ir atopando cristos a cada pouco.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio