leoeosseus

luns, 29 de xuño de 2009

O prometido é débeda


O outro día falaba do costume de " roubar " carros e cancelas na noite de san Xoán e puña unha foto do ano pasado. Prometín facer unha foto este ano do mesmo sitio e aquí está. Este ano hai unha cancela, dous carretillos de man e unha neveira de praia !. Ao millor había máis cousas no día propio xa que pasaron uns días dende a noite de san Xoán e houbo tempo para recolleren os donos o " roubado ".

E poño outra foto de onte da praza de Barcela con carros, dúas cancelas, un coche de neno, unha zofaina e un bidón. Hoxe seguro que había máis cousas porque tamén " rouban " na noite de san Pedro.



Etiquetas:

7 comentarios:

Ás 30/06/09, 00:17 , Blogger Merce dixo...

jajaja curiosa costume, pero nalgun sitio trocaron os carros polos carretillos e ainda asi seguen a facer das suas.

Saudiños

P.D. O pequeno Leo esta ben guapo nesa foto da entrada anterior :)

 
Ás 30/06/09, 01:12 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Agora xa vale todo, o importante é que a costume non se perda, sempre e cando non se lle faga daño a ferramenta, que iso é outra.
Por aquí, nin por San Xoan nin por San Pedro, parece que a cousa se vai perdendo.

 
Ás 30/06/09, 11:15 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

hahahahaha, canto chorizo!!

 
Ás 30/06/09, 13:22 , Blogger La queue bleue dixo...

Hahahaha, eu às vezes que me lembro de ir ao sam joam modernizamos os roubos: chegamos a levar desde plantas nas macetas a felpudos das casas, os contenedores todos e assi. :P

Carros já nom hai, mas cousas que amorear no meio da praza inda se vam topando :P

 
Ás 30/06/09, 18:59 , Blogger Unknown dixo...

Pues non me gusta moito esta costumbre, xa me tocou que me robaran os portais e non ten ninhuna gracia.
Siento ser a nota de discordia.

Bicos

 
Ás 30/06/09, 20:39 , Blogger Barreira dixo...

Oiches... pois a min gustame mais a praza cos carros e a zanfoña que sen nada.
Deixadeos quedar ahí.
Saudos.

 
Ás 01/07/09, 00:35 , Anonymous Doutora Seymour dixo...

Unha neveira de praia!!, chegados a este punto coido que xa podemos prescindir dos santos para poder roubar sen ter que pasar polo confesionario.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio