leoeosseus

domingo, 27 de xuño de 2010

Corenta e cinco meses



O macaquiño estase acercando aos catro anos de idade. No plano físico dicir que se move muito máis anque baixa as escaleiras apoiado e con medo a caír. Come bastante ben anque estes días come pouco pola calor e dáselle máis por beber. Na hora de pedir caquiña está cunha etapa de indecisión que esperemos que dure pouco. Gústalle que lle lean contos e ver a tele un pouco: Dora Exploradora e Bob Esponxa e logo apaga el a tele. Segue inventando historias cando xoga con monecos ou pezas de construir anque cada vez están máis castelanizadas. Tamén lle gusta debuxar caras e letras e repasar puntiños. No coche gústalle escuitar música e ultimamente faime gracia tarareando música de Tic-Tac. Tamén me fai gracia cando solta algunha das súas como a de onte: " Estamos lonxe da verdade ". De onde as sacará ?.
E así vai.

Etiquetas:

6 comentarios:

Ás 28/06/10, 09:13 , Blogger Eva G. Rei dixo...

Este vai para filósofo, coma o pai.

 
Ás 28/06/10, 12:58 , Blogger fonsilleda dixo...

De acordo con Eva, iso parece e, de calquera xeito, fermoso.
Bicos

 
Ás 28/06/10, 18:08 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Se non fose polos anos que nos separan...podíamos dicir que o Leo e máis eu somos tal-cal!
(Evidentemente el é mais guapo!)

 
Ás 29/06/10, 00:48 , Blogger Paz Zeltia dixo...

hai que ter tino co que se lle deixa escoitar ós rapaces! jajaja
claro que non me dirás que non mola un güevo que o teu fillo vaia dicindo por aí esas cousas,
e non "voute esnaquizar, verme noxento" que dicia o meu (froito "das bolas máxicas" da TVGA un tal songoku máis agresivo ca bob esponxa e infinitamente mais aburrido -a min bob esponxa gústame-)
vaivos medrando o neno, eh, en tres meses catro aniños, haberá que celebralo por todo lo alto

 
Ás 01/07/10, 21:55 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Que foto mais natural e que guapo esta o Leo. Bicos para todos
Avoa Cris

 
Ás 04/07/10, 22:10 , Blogger Mer dixo...

está moi, moi grande
e ¿ata cando os pais deixaremos de falar da idade dos nosos fillos en meses? é que para nós penso que serán sempre os nosos bebeciños, aínda que teñan 160 meses, non?

a mín tamén me encanta Bob Esponxa

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio