Récord de nome longo e embarcacións
Sigo " fusilando " fotos de libros, actualizando ligazóns e viaxando pola interrede para descubrir un sitio onde publican libros en pdf e así ligar un libro de embarcacións galegas.
A foto fusilada é do libro " The British Isles " de Colour Library International do ano 1978 e retrata unha estación de tren en Gales que ten, probablemente, o nome de lugar máis longo do mundo e que quere dicir ( na miña tradución ): " Igrexa de Santa María do val do bidueiro, subindo o remuiño e a igrexa de San Tysilio que están á beira da cova vermella ". Na foto fáltalle ó nome o " L " inicial. Supoño que xa te decatarías.
Etiquetas: curiosidades VI, interrede V, lingua V
5 comentarios:
Si ho, claro que me decatei. Igual que me decatei de que ó neno do medio fáltalle un dente e, ademáis, nótaselle ás leguas que ten fame...
Mira ti en que cousas da o andar ocioso eh!!
Apertasgrandesefraternaisdendeantasdeullaprovinciadelugodemomentoquesecadraindependizámonos!
:-)
Non sabía que se lle metes unha palabra moi longa, simplemente a tronza por onde lle cadra. Mira ti...
Pois mira, eu nin me decatei do L, pero si ti dis que lle falta eu non o dubido.
Bicos
e non me ía decatar!
oiches, que interesante o libro que atopaches!, canto vas aprender mi madriña.
Encántame pasar as follas, o ruído que fai ¿non si?
grazas por compartir eses achazgos
!Que chulada de libro! amin tamen me gusta pasar as follas.
Avoa Cris
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio