leoeosseus

luns, 30 de decembro de 2013

Novo ano


Que recibas o novo ano coa ilusión dos nenos !.

A foto é de Marc Riboud e está collida na interrede.

Etiquetas:

sábado, 28 de decembro de 2013

Publicación de blogs


Algúns blogueiros estamos de noraboa. Explícome. Nunha iniciativa insólita da Xunta, tal como pintan os asuntos económicos e o trato coa lingua; van publicar en forma de libro blogos galegos. Para optar á publicación hai que cumprir uns requisitos: a lingua do blogo debe ser o galego alomenos nun cincuenta por cento das entradas ( supoño que será polo do bilingüismo harmónico ); o blogo debe ter unha antigüidade de polo menos dous anos e debe estar actualizado ( se leva dous meses sen actualizar non ten opción á publicación ); aparte do texto tamén imprimirán as imaxes que sexan propias do blogueiro e respeitarase a corrección do blogueiro para a imprenta e, o millor de todo, todo, todiño sen custo ningún para o blogueiro. O número de exemplares por autor será de cincocentos con opción a unha segunda edición. Bueno, todo unha marabilla.
Eu cumpro eses requisitos así que vou empezar a prepararme.
Se cumpres os requisitos ou sabes de quen queira publicar o seu blogo podes coller información nesta ligazón.
E, xa sabes, rapidiño que o prazo remata nuns días.

Etiquetas:

mércores, 25 de decembro de 2013

Trixésimo mes ( e mais un día )



Ou dous anos e medio que fai a nena. Os medios anos coinciden co Nadal así que hai foto cun agasallo do Papa Noel que este ano é unha abella Maya para levar á cama. Tamén tivo agasallo lila que apareceu unha Nancy cun vestido lila e rosa.
O Leo tamén recibiu os seus agasallos e hoxe botaron todo o día con eles a voltas e pelexas.
Xela segue na súa traxectoria comendo pouco e fallando á hora de pedir para facer as súas necesidades. De saúde non anda mui ben que estivo con febres e atascada de mocos e con toses.


Etiquetas:

sábado, 21 de decembro de 2013

Cestas, festivais e paxes


Cando xa non contaba coa cesta da empresa foi e apareceu. Sempre é unha alegría cargar co ela para casa.

O Leo tivo o festival do cole hoxe. O director case nos fai chorar falando do mal que o pasaba a xente agora. De quince familias que necesitaban caridade hai dous anos pasouse a noventa e catro este ano. Son xente que quedou sen traballo, sen paro e hai casos nos que lles cortaron a luz.
Como non era día para estar triste deu comezo ao festival onde houbo villancicos, panxoliñas, carols, bailes, unha historia do cinema e un monólogo adicado á lotaría do Nadal con parodia do anuncio incluida.
Os nenos da idade de Leo cantaron " O cuarto rei mago " de Mamacabra.

Como non se pode estar en dous sitios ao mesmo tempo perdín a visita dos paxes á gardería de Xela onde ela lles entregou a súa carta pedindo un regalo lila. O outro día sentouse no colo de Papa Noel nun centro comercial e quedou desilusionada porque non lle deu ningún regalo e deulle uns caramelos que non podía comer ela.

E así imos vivindo estas datas.

Etiquetas: , ,

mércores, 18 de decembro de 2013

Decembridades

 
En decembro non só hai festas e paz, tamén hai protestas como as dos veciños de Sela e Barcela que non queren a alta tensión por alá. Protestan facendo unha torre de alta tensión de eucalipto cun camposanto ao pe dela dos veciños da zona.
Esta xente pode gañarlle o pulso á compañía eléctrica que xa gañaron cando quixeron montar un encoro na zona.

 
Hai Beléns de todos os tipos e o que temos na casa é do tipo móbil que non paran os monecos en ningunha parte. Xela é a maquinista e xa lle achantamos o neno Xesús que xa a collemos co el na boca.
Por outra banda, Leo aprobou todo e na piscina nadou os seus primeiros metros sen axuda.
 

Tamén hai tempo para películas como a de " Frozen " que me gustou anque canten demasiado para o meu gusto. É unha película cargada de emocións e de efectos marabillosos que semella un conto e, por momentos, faime lembrar a historia da doncela do xeo rusa.

Etiquetas: ,

venres, 13 de decembro de 2013

Avanza decembro


...e os nenos están máis alterados. O Leo quere tres xogos e Xela quere un regalo lila pero que non sexa unha boneca. Xela di que se porta mal e que non vai ter regalo de Papanuel e, a verdade, non está tendo uns días bos porque apenas obedece e case nunca pide para facer pis. Para máis anda pachucha con tos.
E avanza decembro cos seus fríos e chuvias e mañá toca comida da empresa con repetición do ano pasado e non hai queixa que " non habendo pan, boas son as mighallas ".


Etiquetas: ,

sábado, 7 de decembro de 2013

Ladróns, paseos e contos


Xa non podo máis coa presbicia e tiven que mercar gafas para poder enfiar a agulla de cosido de sacos do traballo. Merqueinas no Lidl e xa case non quedaban que roubaron case todas. Avisei na caixa de que case non quedaban e a caixeira díxome que había muito chosco e eu respondinlle que o que o que había era muito ladrón.

Onte fixo bo día e despóis de xantar no Flunch do Alcampo demos un " paseo " de varios quilómetros ata Castrelos. Estivo mui ben e miramos patos e cabalos. Tamén observei curiosidades como " agaxallos " escrito nun cartaz e o Mc Donalds que di que a súa comida non é só boa que tamén é riquiña.

E hoxe tocou asistir á contacontos Paula Carballeira que contou catro contos para espantar medos.

Mañá teño que descrifar uns documentos vellos que seguro que dan para falar.

Etiquetas:

martes, 3 de decembro de 2013

Medos e mañas de Xela


Pasan os días para todos menos para os porcos de Arbo que están ou salgados ou en zorza. Xela pasou uns días maliña da tripa pero xa se recupera. Da saúde recupérase pero dalgúns medos non. Apareceulle un medo rarísimo que ten cando vai no coche que cre que imos chocar. Tamén ten medo aos cans coma ten Leo e agora, co estas datas, apareceulle o medo ao Papa Noel cando está cerca anque sexa de mentira. Pero non todo vai ser medos. Adquiriu mañas como a de usar a culler rapidamente ou a de pintar caras cos seus ollos, boca, nariz e orellas na pizarra magnética.
Creo que vai ser mañosa en muitas cousas.

Etiquetas: ,