leoeosseus

Wednesday, 18 December 2013

Decembridades

 
En decembro non só hai festas e paz, tamén hai protestas como as dos veciños de Sela e Barcela que non queren a alta tensión por alá. Protestan facendo unha torre de alta tensión de eucalipto cun camposanto ao pe dela dos veciños da zona.
Esta xente pode gañarlle o pulso á compañía eléctrica que xa gañaron cando quixeron montar un encoro na zona.

 
Hai Beléns de todos os tipos e o que temos na casa é do tipo móbil que non paran os monecos en ningunha parte. Xela é a maquinista e xa lle achantamos o neno Xesús que xa a collemos co el na boca.
Por outra banda, Leo aprobou todo e na piscina nadou os seus primeiros metros sen axuda.
 

Tamén hai tempo para películas como a de " Frozen " que me gustou anque canten demasiado para o meu gusto. É unha película cargada de emocións e de efectos marabillosos que semella un conto e, por momentos, faime lembrar a historia da doncela do xeo rusa.

Labels: ,

4 Comments:

At 19/12/2013, 14:55 , Blogger Xabres da Teixeira said...

O Leo vexo que xa vai camiño da "mili" e a Xela é mundial. Dile que non debe comer bonecos, que as veces a pintura pode facer "pupa".
Por se non hai oprtunidade, FELICES FESTAS A TODOS...TODOS.

 
At 20/12/2013, 21:27 , Blogger Peke said...

Espero que teñades unhas boas festas e que goces coma un tolo da Laura no deserto que che agasallarán os reis.

 
At 22/12/2013, 23:07 , Blogger Alís said...

Non hai que baixar a guardia, que en datas nas que andamos distraídos é cando se toman as decisións políticas que máis nos van perxudicar. Unha mostra de "valentía" de quen nos goberna.

Está ben ese Belén itinerante. Así andamos todos, así que ten que adaptarse ós tempos que corren.

Parabens para Leo. Supoño que xa o mimaredes como merece.

Unha aperta para todos

 
At 26/12/2013, 13:59 , Blogger Zeltia said...

cantos acontecementos!
(está unha uns días sen conectarse aos blogues e a vida avanza...!)

as gafas da presbicia, os loitadores que lle van gañar á compañía eléctrica (veremos, veremos)
a nena que da ledicia vela
o leo que aprende a nadar...

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home