leoeosseus

luns, 27 de maio de 2019

Nonaséximo quinto mes ( e mais tres días )


Estamos a un mes do oitavo aniversario da xoubiña e aquí a está. Xela é multifacética e ten imaxinación así que non é de extrañar que faga ioga cun monicreque de Pinocho.
Este sábado pasado iamos ir á praia pero houbo muda de plans e fomos ao festival de Cans pola tardiña. Xela montou nun chimpín, comeu churros de chocolate e fixo unha flor de barro co seu talo, unha folliña e unha espiña. Cando a iamos pousar para secar rompeu e non topaba consolo así que lle ofrecín mercarlle algo nun posto de artesanía. Mercamos o Pinocho que foi caro pero cun desconto de dez euros que topei un billete no chan.
Esta nena non ten desperdicio !.

Etiquetas:

xoves, 23 de maio de 2019

O odio manda


No festival de Eurovisión actuou Islandia cunha canción falando de que o odio ao final acaba gañando. E así parece que se goberna o mundo cando á alcaldesa de Vilaguindastre lle matan un can a cuiteladas ou queiman o monte e só queda unha árbore queimada de onde tiran a figura da foto. Esta figura semella invocar a uns espíritos como a canción de Noruega que si me gustou porque sempre queda un chisco de esperanza.

Etiquetas: ,

sábado, 18 de maio de 2019

DLG 2019 ( pasado un día )


O Día das Letras pasou e non souben que escribir. Quería engadir algunha palabra que non sexa mui común pero non se me ocorría ningunha. E agora estou cos " fumaghos " ás voltas, que sigo sen saber que son pero que teñen que ser verdes porque só o escuitei en Arbo referíndose a uvas pouco maduras que din: Están verdes coma fumaghos.
E así está o idioma galego que non acaba de madurar e levantar cabeza e que vai a menos ata no mundo hipócrita da política que xa están muitos tirando o pelexo de años para mostrar o corpo de lobos.
E desaparecen palabras e expresións a ritmo de esquela publicada anque algunha palabra trata de rexurdir cambiada como pupia que en Arbo son as migallas de pan que quedan na mesa e que Leo reconvertiu en boliñas negras de caucho que quedan na bota de fútbol procedentes de campos de herba artificial.
A imaxe topeina de casualidade nun anuncio dun xogo de guerra e co que non estou conforme, que conste.
E hoxe hai festival de Eurovisión onde o idioma inglés gañará case seguro.

Etiquetas: ,

xoves, 16 de maio de 2019

Entre perogrulladas



Os políticos están bombardeando as súas mensaxes perogrulleiras que non din nada e que tanto pode dicilo un coma o contrario.
Nós seguimos coñecendo sitios para comer como A Calustra ou inaugurando chorros porque esta é boa época para inaugurar tanto rotondas " Somos Mos " coma parques na " Cidade da infancia ".

Etiquetas:

venres, 10 de maio de 2019

E chove


E foi o foodtruck de Vilaguindastre con poucas furgonetas para tanta xente. E foi o día da nai. E sigo traballando de tarde. E empezou a feira do libro de Vilaguindastre. E inauguraron unha exposición de fotos de Ruth Matilda Anderson de cando fotografou Galicia en 1924. E Leo está contento coa cadela. E o parquetista " semella " que vai rematar.
E chove.

Etiquetas: ,

venres, 3 de maio de 2019

Mes de letras e flores


Promete este maio: camionetas de comida, día da nai, feira do libro, festival de Cans, letras galegas, eleccións e máis.
A ver se nos medra o céspede ( mea culpa: enterreino en troques de sementalo ) e arranxan o problema da humidade ( tardarán menos en restaurar Nôtre Dame ) para que sexa este mes florido e fermoso.

Etiquetas: , ,