DLG 2019 ( pasado un día )
O Día das Letras pasou e non souben que escribir. Quería engadir algunha palabra que non sexa mui común pero non se me ocorría ningunha. E agora estou cos " fumaghos " ás voltas, que sigo sen saber que son pero que teñen que ser verdes porque só o escuitei en Arbo referíndose a uvas pouco maduras que din: Están verdes coma fumaghos.
E así está o idioma galego que non acaba de madurar e levantar cabeza e que vai a menos ata no mundo hipócrita da política que xa están muitos tirando o pelexo de años para mostrar o corpo de lobos.
E desaparecen palabras e expresións a ritmo de esquela publicada anque algunha palabra trata de rexurdir cambiada como pupia que en Arbo son as migallas de pan que quedan na mesa e que Leo reconvertiu en boliñas negras de caucho que quedan na bota de fútbol procedentes de campos de herba artificial.
A imaxe topeina de casualidade nun anuncio dun xogo de guerra e co que non estou conforme, que conste.
E hoxe hai festival de Eurovisión onde o idioma inglés gañará case seguro.
Etiquetas: curiosidades XIX, lingua XIII
3 comentarios:
Aquí seguiremos en galego, mentras haxa tinta nos tinteiros, teclas no teclado e -sobre todo- voz nas nosas gorxas!!!
Apertas
Moi complicado me resulta darche escrito comentarios. Cada vez que clico para facelos, redireccióname a unha páxina-bucle que moito me dá a vara para sair dela
A Asociación de Escritores en Lingua Galega creou unha iniciativa chamada "Palabras con memoria", onde vai recollendo palabras en desuso que non están recollidas nos dicionarios. Non sei si xa coñecías esta iniciativa. Calquera pode facer as súas aportacións para ir creando unha base de datos con todas esas verbas de pouco uso ou case en perigo de extinción.
Unha aperta.
Difícil vir ao seu blogue pois na maioria das vezes me direciona para um site de encontros sexuais.
Abraço e resto de bom domingo
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio