Chibo expiatorio
En todas as empresas hai un minimundo de relacións persoais. Os empregados van dun extremo a outro e así hai xente boa e compañeira e xente ruin que só mira a súa comenencia. Na Torredocaminho acontece o mesmo e teño compañeiros que son verdadeiras xoias, outros que non son malos compañeiros e algún que sobra. Este é o caso do Porcobravo, un empregado farfulleiro e faltón, que vai teso coma un pirú, que traballa ao seu ritmo: tanto bota horas co móbil como arrinca a toda velocidade e todos lle estorbamos, que tira cafés de moca dos transportistas e que pensa que só el vale e que enreda a uns e outros ( de cada vez menos ) para conseguir o que quere. Ten don de xentes e busca tema de conversa e así engana a calquera. Un dos enganados foi o xefe que o meteu nun posto con responsabilidades e todos dixemos: " Meteu a raposa no galiñeiro ".
Falando cunha compañeira da oficina dixo que o xefe cando se arrimou ao Porcobravo é que quería un " chibo expiatorio " e pregunteille que quería dicir. " Si, un chivato que espía ". Díxenlle que estaba equivocada e que comprobase o significado de " chibo expiatorio ". Ela remendou e dixo que o xefe quería un " lameculos " que non soa nada fino pero que entra na categoría do Porcobravo pero que foi máis alá e tamén acabou por meterlla dobrada ao xefe.
En fin.
Na foto un chibo camuflado que debe estar a espiar.
Etiquetas: personaxes III, traballo V
2 comentarios:
Como me amola esa xente! Por dicir algo suave, porque, en realidade, me rebentan. Fuxe del.
ai, inda rin co significado de "chivato que expía"
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio