leoeosseus

domingo, 24 de marzo de 2019

Nonaséximo terceiro mes



A xoubiña segue a medrar e a desenrolar as súas aptitudes. O outro día recibiu un premio por un debuxo que fixo para unha exhibición de camelias e quedou toda contenta coa chapa, o diploma, o libro e, por suposto, un " ghapoeiro " que é como lle chaman ás camelias en Arbo.


Do resto segue todo ben anque na hora da comida hai sempre problemas. Xela non usa a tablet e prefire mirar series en Netflix como " Jessie ", " H2O " ou " Teen Titans Go " ou debuxar ou escribir contas ou argallar historias anque a cadela Elsa ocupa a maior parte do seu tempo libre. Xela é responsable co ela e dálle a comidiña e recolle os seus excrementos e dálle paseos comigo ou coa nai.
E así estamos coa frase típica de Xela que soa a xaponés: " A que si ma ? ".

Etiquetas:

1 comentarios:

Ás 25/03/19, 00:52 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

E Xela está cada dia mais bonita.
Abraço e boa semana

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio