leoeosseus

sábado, 27 de abril de 2019

Nonaséximo cuarto mes ( e mais catro días )


Pasábaseme o mesario da xoubiña que miramos aquí no seu primeiro campionato de xadrez.
Pouco novo hai que engadir sobre ela: come pouco, segue activa e espabilada e xoga coa cadela e búscalle bechiños entre a pelaxe.
No campionato pasouno ben con descansos no parque do Dotacional de Torroso onde xogou a escalar, ao paifillonai, falou na linguaxe de signos cunhas nenas, tocamos música co metalófono ( aprendeume o nome ela ) e xogou con Antía, unha compañeira de xadrez.
E seguimos coa conta.

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio