Centésimo segundo mes ( e mais cinco días )
Co esta leria do Nadal estou nas verzas e esquezo o mesario da nena. E iso que sempre fai medio ano no Nadal !.
Este viulle completiño cun Rubiks Race, un coche teledirixido e un xogo da Nintendo aparte de dous para compartir con Leo.
Ela estaba contenta porque eran parte das ducias de xoguetes que marcou nunha revista. O máis enternecedor é que pedía preguntándome a min para xogar os dous.
Pero Xela non só pensa nela para pedir; ten bo corazón e nunha carta pediu a paz mundial, salvar da extinción os animais, acabar coa fame en África e dar cartos a tódolos pobres. Isto pediullo a Papa Noel e os Reis Magos pero necesitarían a axuda do Apalpador e sobre todo Donald Trump para semellante encomenda !.
E así segue ela; activa e coas súas lideiras.
Etiquetas: xela IX
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio