Sábado de competicións
Xela onte tivo competición de Ping- Pong e mentres xogaba eu folleei un libro da historia do Ping- Pong e non me resistín a fusilar esta foto dun anuncio de 1902 de Ping- Pong.
Tamén aproveitei para ir camiñando a mercar unhas cousas. Crucei a vía e fotografei o camino que seguía eu de mozote para bañarnos no río Louro no Peirao. Das tres digamos praias do río Louro: A Fos, O Solombo e O Peirao, xa non queda ningunha; as ampliacións de estradas e a contaminación acabaron co elas.
Para contrastar a falla de cor na foto anterior retratei este xardín que non coñecía.
No descanso para o xantar Xela quixo retratarse no Polo Centro, ese lugar de Vilaguindastre único no mundo onde coinciden pingüíns e osos polares.
Pola tarde fun con Leo a Tomiño onde fixeron o que puideron contra os que van primeiros da liga.
Etiquetas: fotografía II, leo XIII, natureza IX, xela IX
1 comentarios:
Xela está linda.
Abraço e uma boa semana
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio