Con permiso para circular
Avanza esa película absurda que non ten fin á vista e a cada día aparece unha novidade que non é precisamente boa. Fun traballar de mañán e as personaxes deste filme viñan caracterizadas con máscaras e luvas e algúns con medo na cara. Algún camioneiro non o entende aínda e pensa que é unha gripe forte. Tamén hai unha señora que abre o seu tabernucho de " estrangis " coas ventás pechadas pero a cheminea delatándoa.
No momento do taco ( estabamos sentados algo afastados ) falei de que seguro que ían restrinxir a circulación e meu dito meu feito; máis tarde o xefe repartiu xustificantes por se nos paran na estrada. Volvendo á casa na autovía os carteis informativos prohibían viaxes non xustificadas.
Máis tarde paseei á cadela e a policía local case para para dicirme algo. Estaba eu só na rúa e pasou un autobús zombie: o chófer ou choferesa sen pasaxeiros.
Fixen esta foto onde abrocha a primavera a pesar dos pesares.
Etiquetas: covid-19
1 comentarios:
Passei para desejar sorte e saúde.
Abraço
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio