Prolongación da corentena
Outros quince días pechados na casa; máis ben os nenos que eu teño que traballar e a maior ritmo que sempre. Naideleo tamén sae o imprescindible: para pasear a cadela ou mercar algo.
Esta noite tiven un soño bonito: andaba con Xela por Vilaguindastre e había corentena pero fomos por un calexón que eu descoñecía con casas de estilo inglés e o camiño sen empichar e había xente feliz que se tocaba e falaba e postos de comida e bebida como nas festas. Eu preguntei abraiado se lles permitían ter o posto e dicían que como eran ambulantes tiñan permiso. Logo había unha suposta coñecida que ía cun can e que lle tocaba un brazo a Xela. Algo hoxe impensable. E xa non lembro máis.
Na vida real estamos aquí e vaise levando con whatsapps e videochamadas con familia e amigos. Tamén hai películas e comics que topei por aí. Ata hai unha web para escuitar radios de todo o mundo. Leo e Xela danlle patadas ao balón no xardín que temos que é pequeno pero que dá muito xogo nestes tempos. A cadela está feliz que estamos todos na casa e non queda soa.
No xantar falamos de que ían prohibir as procesións: " os picudos lilas que van en manifestación " como di Leo.
E así nos vai
Etiquetas: covid-19, curiosidades XX
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio