Fase 2 ou desfasados ?
Xa non sei que se fai ou se deixa de facer nesta fase, neste concello e a que hora. Descubrín que abriron esta fin de semana os bares e semella que abren xa case todos.
Onte fun mercar pan e as terrazas estaban cheas. Tiña toda a lóxica: era a hora do vermú e o día era de verán.
Á tarde fun lavar o coche a unha gasolineira. Levaba máis de dous meses sen lavalo e tiña verdello nalgunhas partes. Así tardei hora e media. Pola estrada pasaron grupos de motoristas e unha parella nova rindo nunha bicicleta. El pedaleaba e ela estaba no guiador. Tamén había unha caravana estranxeira aparcada e sei que este ano vai ser o ano delas.
E hoxe xa semellaba un día totalmente normal con tráfico por todas partes e todo aberto. Fun a unha tenda dos chineses que inda non mudaron o trinque que seguían coas trapalladas do entruido. Ía mercar luvas pero subíronlle o prezo máis do triple así que queden co elas. Si que merquei máscaras que están máis baratas que na farmacia.
Tanta normalidade mirei que ata ía un medio sospeitoso cun televisor pola rúa preguntando á xente se o podían levar en coche.
Benvidos ao desfase !!.
Etiquetas: covid-19 II, curiosidades XX
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio