Renormalizarse
" Desescalada " ?. Non. Renormalización por etapas. Este mes de maio sería o dos traballadores, da nai, da Eurovisión, das Letras Galegas de Carballo Calero ( tanto lle tardaron que ao final saiu mal ) ou do Festival de Cans; pero non. Mudáronse datas ou directamente cancelaron actividades. Pero hai algún veciño que non se resigna a pendurar o can representativo do festival anque este ano puxéronlle unha máscara que faga distinto o can neste ano tan atípico.
E a xente pasea ou " goza " da música balconil do aplauso das oito e eu aproveito as oito e media para mercar co supermercado case baleiro.
" Nova normalidade ", que lle chaman.
Etiquetas: covid-19 II
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio