Cheirando o fin do verán
Onte fomos á praia das ondas, un costume que se está impondo na nosa vida de todos os anos. Había muita xente e a auga estaba mui fría ( doíanme os pulsos e todo ) e levei a Xela no colo e protexina contra as ondas. Leo tamén saltou as súas ondas con ledicia.
Xantamos na terraza da crepería bretoa á sombra e facía frío. Mentres non nos atendían estabamos de pe ao sol coma os lagartos.
Véntase o final do verán.
A próxima vez que veñamos a esta praia será para facer voar un papaventos e que a cadela corra ceiba pola area e non quede triste e soa na casa.
Etiquetas: natureza X
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio