Unha de maxia
Hoxe fomos mirar o mago Pedro Volta, seica é pontevedrés e eu adiviñei que era galego porque dixo " nadie nace aprendido ".
Eramos 240 espectadores separados en grupos de conviventes con dúas cadeiras de separación e en ringleiras alternas. O mago é bo pero fíxose algo lento e facía frío no Auditorio Mar de Vigo. Fixo trucos con cartas, con cordas, escapismo, o xogo do paifillonai e, como dicía Xela, sería bo poeta anque dixo que era un fraude anque non sabía o que significaba iso pero sabía que era algo malo. O Leo non foi a gusto e queixouse todo o tempo. Para min que se parou demasiado falando da infancia e de cousas que os nenos non ían entender como neuronas e electricidade. Tamén tardou en despedirse dicindo que era o último truco e non daba chegado. Iso si, tiña labia e toques simpáticos.
E así foi esta saída nestes tempos tan complicados.
Na foto sai un código para entrar nunha videoconferencia onde explica trucos. Por se é do teu interés.
Etiquetas: curiosidades XXII
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio