Abusos
Fun ao banco hoxe a facer unha trasferencia e cobráronme 6 euros por iso. Díxenlle ao caixeiro se era para tomar café e díxome que cobraba por traballar. É certo, pero eu para gañar seis euros teño que dobrar a espiña unha chea de veces. O caso é que vou facer algo contrario á miña forma de pensar pero farei por aforrar cartos usando a banca virtual. Sei que así reducen postos de traballo pero é que eu non podo estragar os cartos sen xeito.
O que de verdade pasa é que estamos atrapados nun sistema onde os cartos poñen as normas e nós temos que apandar con elas queiras ou non queiras.
Poño de foto os prezos da gasolineira hoxe: outros que abusan. Creo que xa fotografei demasiado este taboleiro de prezos. Procurarei non repetirme pero tal como están as cousas non sei se cumprirei a miña palabra
Etiquetas: curiosidades XXII
1 comentarios:
Por cá é a mesma coisa. Os bancos cobram muito. Temos que pagar os seus elevados salários.
Abraço e saúde
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio