Fin da conta atrás
Hoxe remata o estado de alarma e remata o toque de queda. Faltan menos de dúas horas para que bote foguetes máis dun. A xente xa pode estar de noite fóra da casa e xa se poderá circular entre autonomías sen problemas. Só espero que non haxa muito desmadre e que a peste esta non se desboque e non aparezan máis variantes dela que a india, por exemplo, vén bastante rabiosa. E tamén espero que vaian vacinando á xente que falta por levar o xeringazo. O uso das máscaras seguirá por un tempo indefinido difícil de calcular pero,para min, que estaremos o que queda de ano con ela posta. Xa mirarás.
Poño foto da conta atrás na tele o outro día e dun luminoso na autovía cunha mensaxe que lle queda pouco tempo de vida.
Etiquetas: covidia 21 I
1 comentarios:
Por aqui já estamos assim desde o dia 3 de Maio.
Abraço, saúde e boa semana.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio