leoeosseus

xoves, 17 de agosto de 2006

Incendios por Galicia



Fedellando polo blogomillo adiante topei este cartaz fermosísimo que non puiden evitar cortar e colar.

Esta chuvia destes días fai de apagalumes para a nosa terra que sufriu o indecible estas semanas atrás. Tódolos anos arde, é verdade; pero o deste ano xa foi de máis.

Ogallá que estes lumes sexan os últimos nunha boa tempada e que os nosos montes recobren parte do esplendor pasado. E postos a pedir, eu tamén desexaría que os montes queimados se repoboasen con especies vexetais máis afíns co noso clima e non especies pirófilas coma o eucalipto e o piñeiro.

Sexa coma for, ogallá que os nosos montes recuperen a cor verde perdida para o desfrute noso e das novas xeracións.

Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 17/08/06, 12:16 , Blogger moucho branco dixo...

Certo... o deseño é o de "aduaneiros sem fronteiras", está inspirado (por non dicer algo mais) na figura feminina que solicitaba o sí ao estatuto de autonomía nó referendo da II república.

un saúdo.

 
Ás 17/08/06, 14:28 , Blogger Mr Tichborne dixo...

home! benvido de novo á blogosfera! moito seguiamos ó teu pai acedre, agora seguirémoste a ti...

 
Ás 17/08/06, 19:20 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

Certamente "Os Aduaneiros sem fronteiras" atinaron no deseño.

Unha aperta.
:)

 
Ás 18/08/06, 00:51 , Blogger torredebabel dixo...

ogallá... moito teño anotado esta palabra nestes días.

 
Ás 18/08/06, 11:55 , Blogger paideleo dixo...

A figura é preciosa e agora lembro o orixinal gracias ó moucho branco.
Graciñas polos comentarios, pola benvida e por todo.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio