Erros ortográficos
Unha das cousas que máis me desconcertan son os erros ortográficos que sei que temos todos ou case todos; pero o que me rebenta (de risa ou rabia) son os carteis á vista do público como este da foto que parece que nin a propósito pode escribirse isto.

Non vou dicir onde foi tirada a foto e espero que perdoes a súa calidade por querer ampliala.
O máis simpático é que había un coche aparcado.
Etiquetas: curiosidades, lingua
9 comentarios:
Pois a min dasme envexa ti que andas pola terra. Xapon éche bonito pero tras un tempo aburre máis que o discurso de aznar. Ah, perdoa os meus "erros ortográficos" do meu blog, pero é que os teclados xaponeses non che son o mesmo. Un saudo desde oriente.
Ah, como leo que o da ortografia é o teu convidote (supoño que xa o farías) a ler La Voz coa sua pseudotradución informática ao galego. Unhas grandes risassssssssssss
A min tampouco me gusta nada pero recordo que, daquela que estaban de moda poñer anuncios en letreiros luminosos, tiña un amigo que colocaba os da súa empresa con erros ortográficos (dos gordos) porque pensaba que era máis efectiva a publicidade.
é que hai erros e erros...
saúdos
pois, eu non podo falar deste asunto que non so teño erros no galego espantoso que escibo, senón que nin galego é.
Ese cartel está a chamar pola foto. Xa é demasiada casualidade que a única palabra ben escrita sexa "vienen"...
A min tamén me doe abondo ver carteis tipo "Noya", "La Coruña" "Conjo" y demás...
Concordo con *Sara.
Unha aperta.
:)
Está visto que hai erros, meteduras de pata e burradas e esta foto di muito da xente do lugar porque é esaxerado de máis.
A min estrañoume o de ¨vienen¨tan ben escrito pero sería para resaltar.
Os carteis de Noya, Sangenjo e afíns xa son doutra índole que todos coñecemos.
Iso si, Torredebabel fai un sobreesforzo en escribir en galego que merece un aplauso do máis forte.
Graciñas polos comentos e as visitas.
Beven y veven, y buelben ha vever, las bacas en el río...
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio