leoeosseus

mércores, 27 de decembro de 2006

Tres meses



Hoxe o Leo fai tres meses. Como pasa o tempo !. Agora está feito un mozote que ata parece que le o conto. Cada día está millor dos gases e pasa máis tempo esperto xogando coas luces e a música, gaguexando ou rindo. Agora sorrí a miudo e agarra dos pelos. Vaia, que progresa adecuadamente e medra case sen decatarnos. E que siga.

Etiquetas:

10 comentarios:

Ás 23:30, 27/12/06 , Anonymous Anónimo dixo...

Así, así diante dun libro...moi bo comezo. Unha apreta e un estupendo ano novo para toda a vosa familia.
Bicos e apretas

 
Ás 23:35, 27/12/06 , Anonymous Anónimo dixo...

de aquí a un pouca xa lle saberá os nomes ao chispa e mais ao tatá dos bolechas. Por certo, é o retrato do pai :)

 
Ás 03:37, 28/12/06 , Blogger torredebabel dixo...

que guapo que está!!! ainda me lembro de cando fixestedes a proba coa taboa chinesa e saiu que ia ser neno! Tes razón, o tempo fuxe cando estamos disfrutando dos nosos fillos.

 
Ás 11:10, 28/12/06 , Blogger EnGalego.esp.st dixo...

Que neno máis bonito. Tres meses e xa lle gustan Os Bolechas. Parabéns

 
Ás 11:23, 28/12/06 , Blogger David dixo...

Que foto máis bonita, así, diante dun libro... ;)
Parabéns!!

 
Ás 13:45, 28/12/06 , Anonymous Anónimo dixo...

mira para el, con os bolechas!, ;D

cando comezan a sorrir é o mais grande!

un saúdo.

 
Ás 16:51, 28/12/06 , Anonymous Anónimo dixo...

Gran idea: tres meses e xa vendo un libro. ¡Como non vai progresar adecuadamente! Felicidades para todos.

 
Ás 00:59, 29/12/06 , Blogger *Sara dixo...

Que riquiño é!! Parécese a ti :)

 
Ás 18:48, 29/12/06 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

Este pícaro está cada vez máis guapo, parece un sol.
Unha aperta para Leo, Ana e para ti.
;)

 
Ás 11:21, 30/12/06 , Blogger Torreira dixo...

Que rapazolo Paideleo gastas!...esas bochenchiñas estan para peliscalas!.Este rapaz promete si señor!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio