leoeosseus

martes, 23 de xaneiro de 2007

Máis inglés nos productos



Os tempos mudan e hai menos de trinta anos que hai panos de mesa de papel. Antes eran de tea e antes lembro eu que a xente na aldea limpaba a cara larafuzada cun anaco de pan que ía para a boca.

Será polo novo do obxecto que non ten un nome cen por cen galego tradicional e por iso supermercados Froiz no paquete non pon o nome en galego pero si en castelán, portugués e seudoinglés porque o traductor en troques de panos de mesa puxo " sesta de rei ".

Eu prefiro pensar que o traductor é un escritor de contos infantís ou un soñador e non un incompetente.

Etiquetas: ,

7 comentarios:

Ás 23:53, 23/01/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Vostede é un optimista, e un poeta ;-)

 
Ás 08:08, 24/01/07 , Blogger Mario dixo...

Ou un saboteador surrealista de pretenciosas multinacionais.

 
Ás 08:55, 24/01/07 , Blogger Torreira dixo...

El,Un poeta da celulosa.
Ti,un benpensado

 
Ás 10:38, 24/01/07 , Blogger moucho branco dixo...

pois claro home, vai ser iso.... ;P

 
Ás 18:50, 24/01/07 , Blogger *Sara dixo...

Jajaja, non se che escapa nadiña!!

 
Ás 22:14, 24/01/07 , Blogger paideleo dixo...

Eu leo todo o que me cai nas mans e se topo algunha cousa simpática, pois millor que millor.
Noutra etiqueta de mel puña para ver a data de caducidade en inglés " sea bottom " no canto de " see bottom " ou sexa " fundo do mar " no canto de " ver no fundo ". Dende logo que o tradutor é un poeta.
Graciñas pola visita e os comentos.

 
Ás 18:21, 26/01/07 , Blogger An dixo...

Mais be ne un incomprendido :) si todos puxeramos esa ilusion nas ocusas, o papel do cu chamariase por poñer un exemplo PApel icular ou papel de fino...:)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio