leoeosseus

martes, 27 de febreiro de 2007

Cinco meses



Hoxe o naipelo cumpriu os cinco meses e podes ver que é rideiro se lle fas algunha macacada anque no caso da foto estaba simplemente vendo unhas flores. Pasa gran parte do día esperto e xogando cos seus xoguetes, explorándoos e meténdoos na boca. Tamén "fala" e tuse ou berra para que lle fagan caso. Cando é o momento do baño patexa coma un poseso e bota a auga fóra e cando está debruzado quere gatexar pero o único que lle saen son uns movementos reptadores de miñoca. Nada, que o Leo progresa adecuadamente.

Etiquetas:

18 comentarios:

Ás 00:46, 28/02/07 , Blogger Torreira dixo...

Este neno diria eu PA ++ (parabéns)

 
Ás 01:08, 28/02/07 , Anonymous Anónimo dixo...

que cousiña máis bonita!!!!
a miña pequena onte fixo sete meses e non hai quen a pare, todo un carácter.
unha aperta!!!!

 
Ás 01:09, 28/02/07 , Blogger Mr Tichborne dixo...

Bendita época, na que o mundo se descobre coa boquiña.
Está ben bonito. Eu tamén lle poño PA+++. Que siga todo ben

 
Ás 01:42, 28/02/07 , Blogger besbe dixo...

que rapaz máis feito que dan ganas de comelo :) Nótase que no rideiro saiu aos pais, que siga progresando!

 
Ás 10:58, 28/02/07 , Blogger pepe penas dixo...

O paideleo e o meu pai está a dicir o neno....co ese sorriso semella terlle moito agarimo..

 
Ás 11:23, 28/02/07 , Blogger Basho dixo...

Este ha-de ser um rapaz feliz, sem dúvida.

 
Ás 12:45, 28/02/07 , Anonymous Anónimo dixo...

He he, que guapo está :)

 
Ás 15:40, 28/02/07 , Blogger moucho branco dixo...

cinco meses?... miña nai, como medran, eh?

 
Ás 19:47, 28/02/07 , Anonymous Anónimo dixo...

E tanto que si, a verdade é que está ben guapo!

 
Ás 12:53, 01/03/07 , Blogger Paco Penas dixo...

E tanto que medran...o meu, día a día xa cumpreu 20 anos :-)
Se o fillo ten a capacidade de interpretar o mundo do mesmo xeito que o pai, non terá problemas para entendelo.

 
Ás 12:56, 01/03/07 , Blogger Paco Penas dixo...

Cando digo fillo referíame ao teu, eh.

 
Ás 14:55, 01/03/07 , Blogger torredebabel dixo...

non so medra, senón que se fai mais e mais bonito, se iso fora posible!

 
Ás 22:47, 01/03/07 , Blogger Suso Lista dixo...

Xa logho terá que ir Pra Marina, pra Ferrol, je je. Recomendoche que busques enchufe pra que o embarquen no "Galatea", je je.

 
Ás 01:07, 02/03/07 , Blogger rifenha dixo...

a cousa mais linda no mundo que o riso na cara dum meninho.
O seu, é especialmente guapo.
Que se crie para boas fadas, e você que o veja.

 
Ás 19:47, 02/03/07 , Anonymous Anónimo dixo...

É lindo, lindo. :)

 
Ás 23:24, 02/03/07 , Blogger paideleo dixo...

Graciñas polos piropos e a verdade é que cada día que pasa estou máis orgulloso del. Xa veremos o día que empece a pedir cartos para estragalos por aí...

 
Ás 11:53, 03/03/07 , Blogger Mrs.Doyle dixo...

Que lindo!

 
Ás 13:16, 11/03/07 , Blogger X dixo...

Parece mentira que aquela cousiña linda que nos ensinou tan só fai cinco meses xa bote eses sorrisos engaioladores. Eu tamén lle poría PA++++

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio