leoeosseus

luns, 26 de marzo de 2007

Seis meses



Hoxe fomos ó pediatra para a revisión dos seis meses de Leo. Mentres non entrabamos estivemos "lendo" libros que hai alí para uso dos pequenos mentres non entran. O Leo choroulle ó enfermeiro e á pediatra porque parece que empeza a extrañar e ademáis tiña soniño o naipelo. E os resultados estiveron mui ben: está grande coma un neno dun ano e repoludiño e a pediatra aconsellou que se lle empezase a dar fruita e algúns vexetais para deixar de ser naipelo cen por cen. Tamén aconsellou sentalo no chan que ten que sentarse e manterse así el só. Os dentes aínda non lle apareceron pero pode ser que anden por aí que ás noites protesta bastante. E agora semella un estranxeiriño cos seus "ijlidij", os seus "eak-eke" e os seus chasquidos de lingua estilo bosquimano. Tamén quere agarrar todo o que estea ó seu alcance incluido o Colín.

Bueno, que o Leo vai ben e ledo.

Etiquetas:

26 comentarios:

Ás 23:24, 26/03/07 , Blogger besbe dixo...

E non ía ir ben :) e cos pedazo de pais que ten, calquera non extraña.
Ai cando comece a agatuñar por aí el soíño!

Bicos aos tres.

 
Ás 23:36, 26/03/07 , Blogger X dixo...

Vai ben criadiño e feliz. Por certo, onte a min tamén me fastidiaron Aída co das mises :(
Saúdos a toda a familia.

 
Ás 00:22, 27/03/07 , Blogger busto.agolada dixo...

Noraboa por ese Leo tan ledo e sano. Hai un piropo que se aplica aos homes bondadosos: "neno grande". O Leo xa o é.
Saúdos e gracias polos teus comentarios.

 
Ás 01:04, 27/03/07 , Blogger Torreira dixo...

Esta como diria miña nai "coma un rolo" este rapas

 
Ás 01:16, 27/03/07 , Blogger mamiago dixo...

Dentro de pouco xa vai a mozas!!!

 
Ás 01:36, 27/03/07 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

Que guapo!!!,rebosa saude e ledicia...

unha aperta para os tres.
:)

 
Ás 03:11, 27/03/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Que repoludiño! Non sei que lle estariades a dicir cando lle sacastes a foto, pero estase a escachar coa risa. Parabéns aos dous polo mozo.

 
Ás 10:02, 27/03/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Sí que está espelido o Leo, he he.

 
Ás 10:31, 27/03/07 , Blogger cris dixo...

Incrible que xa lle poidades dar fruta! Se foi onte cando naceu!! Por certo, cando escriben sobre Diego non caín eu en que te ías reir....;-)pero xa me dou de conta!

 
Ás 10:32, 27/03/07 , Blogger Unknown dixo...

pero que feitiño é, como ri o pillabán, dá gusto velo, e polo que se ve leva moi ben os seus seis mesiños. a miña onte fixo oito e só quere camiñar, vai coma unha bicicleta, e pobre de quen que a erga do chan, berrea que deixa a todos xordos. tamén practica o estilo foquiña en plan olímpico. se lle poño un trapiño ben ao xeito excuso de pasar a mopa pola casa.
que se che siga criando para ben ese soletiño pequeno que tendes.
apertas

 
Ás 13:07, 27/03/07 , Blogger Moralla dixo...

Que fotiña máis linda! Que lembranzas da miña sobriña! noraboa por ter esa cousiña tan espelida e leda :-)

 
Ás 14:18, 27/03/07 , Blogger moucho branco dixo...

Logo xa comeza a falar chinés?... pois nada, daí ao galego quédanlle poucas semanas, :D

 
Ás 15:17, 27/03/07 , Blogger Andrederabal dixo...

¡Noraboa,Leo! e que cumpras moitos máis. Vése que te desenvolves moi ben e que logo serás un "mozo carozo".

 
Ás 17:26, 27/03/07 , Blogger O Breogán de Gáidil dixo...

Mimá, está o Leo máis feito que as pesetas! Mandádelle un "náis-tu-sí-llú!"

Por certo... falar supoño que lle falades en galego pero: faládeslle algo en inglés?

 
Ás 18:36, 27/03/07 , Blogger David dixo...

Que bonito está!! :D E supoño que o Colin terá que ter moita paciencia con él, hehehe...

 
Ás 20:29, 27/03/07 , Blogger Mario dixo...

Dentro de pouco sácate do teclado e toma el o mando do blog, que a fin de contas é seu.

 
Ás 20:36, 27/03/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Vendo a foto e lendo o que dicías de que está repoludo case escacho co riso. Está precioso. Fas ben en babarte. ;)
Por certo, nunca oíra o de naipelo.

 
Ás 23:47, 27/03/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Xa tes un mozo feito e dereito; noraboa. Por certo hoxe decataime de que tamén fun naipelo; nunca ouvira ese nome.
Unha aperta.

 
Ás 19:16, 28/03/07 , Blogger Mrs.Doyle dixo...

Que fermoso é e que fermoso está!

Técnicamente Leo fala maternés, nome técnico que se lle da á etapa de adquisición da lingua materna. Resulta moi divertido observar e analizar as fases da adquisición, proceso que remata ao redor dos catro ou cinco anos.

 
Ás 20:05, 28/03/07 , Blogger Suso Lista dixo...

Anda con coidado, que en Corme os neniños, gastanas moi crudas, je je. Mira e verás

 
Ás 20:38, 28/03/07 , Blogger Mrs.Doyle dixo...

De nada, é un pracer. Se ten algunha pregunta, xa sabe, fágaa.
Saúdos.

 
Ás 23:20, 28/03/07 , Blogger paideleo dixo...

Besbe: graciñas polos piropos pero creo que o mérito inclínase máis a favor de Ana que o ten así de san.
X: si que vai ben criado e feliz. O das misses non ten perdón divino.
busto.agolada: gustoume o piropo tan cargado de cariño e non tes que agradecer as visitas que o teu blogo é dos que me encantan.
torreira: outro piropo bo, "coma un rolo".
mamiago: aínda lle queda para ir ás mozas !. Pero as nais das mozas xa as ten no papo.
marinha: graciñas polos piropos. Como pasa o tempo, eh ?. Alédome de que vaia tan ben.
a do outro lado: estabamos a facer cucu, cucu. Esta foi a cuarta foto seguida. En canto mira a cámara queda serio e quieto fitando a cámara e hai que facer varias fotos seguidas para que se acostume.
f.miguez: está espilido, si. Onte vacinámolo e os outros da mesma idade falaban menos e máis baixo e non se sentaban. Aledámono de que vaia tan ben.
cris: pasa o tempo. Aínda lembro a cra que puxeches cando che ensinamos o Predictor. O dos rebolos tamén foi un momento inesquecible, ha, ha.
beatriz: que marabilla que a túa nena queira camiñar tan cedo !. A imaxe dunha foca limpando a casa é mui expresiva e podo imaxinala. Desfruta da pequena que o tempo voa, verdade ?.
moralla: a foto costou pero saiu ben. Agora toca pasala a papel.
moucho branco: máis que chinés semella alemán. O galego debe de ser máis difícil que aínda non o fala ;)
andrederabal: mozo carozo tampouco o oíra nunca antes. Será invento teu ou expresión propia de Celanova ?.
o breogán: zenkiu. Samtaims Ana espiks sanzin in inglis bat not mach. Xi nous wi don ispik a proper inglis. Meibi in de fiuchu...
david: o Colin non é mui neneiro que digamos e máis escápalle que quédalle quieto. Xa veremos como evoluciona a relación.
mario: xúroche que as veces que o tiven comigo sentado diante do ordenador que el imita o que fago coas mans e calquera día escribe un post e así vou publicalo.
peke: graciñas polo piropo. O de naipelo aprendino nun dicionario pero supoño que se dirá nalgures. Significa neno de teta. O recén nacido é nécoro e aprendino o primeiro día de Leo que a parella do hospital non facía máis que dicilo.
pepe penas: pois eu botei pouco tempo de naipelo, uns tres meses porque eran outros tempos e os biberóns eran novidade e os pediatras recomendánbaos millor que a teta da nai. Hoxe cambiou o conto e aconséllase o leite materno.
mrs. doyle: outra volta graciñas polo do maternés que nuca oíra antes. Isto é o bo que ten isto dos blogos: o que se aprende e coñece e de maneira tan amena e facendo amigos.
suso: xa lin o teu posteo e teño que admitir que é tan cruel como real, é verdade. Só espero que ó Leo lle pase esa etapa o máis rápida e livián posible...polo ben dos bechos.

Graciñas ós que me comentaron e ós que leron este posteo. Cando o Leo razoe vai quedar flipado con semellante mostra de cariño.

 
Ás 03:12, 30/03/07 , Blogger torredebabel dixo...

se todo o que ten ben pode verse na foto, sen dúbida é o neno mais guapo e mais sano e mais feliz do mundo!!!! Saiuvos tan ben que teriades que facer algun mais ;-) (frase que moito escoitamos os pais de nenos pequenos)

 
Ás 21:31, 30/03/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Un neno feliz é o mellor antídoto contra todos os males. Sei o que é iso, e por iso doulles aos pais do neno os meus parabéns.

 
Ás 09:56, 31/03/07 , Blogger Clara Flor dixo...

Lindisimo e paverisimo parece. Se o ve a meiga de Bruxelas...empezarialle a dar instruccións franco-galegas. Unha aperta ao lonxe e obrigada polos comentarios

 
Ás 23:17, 03/04/07 , Blogger Mr Tichborne dixo...

que curriño!! polo que contas da súa fala, coido que é bávarao, fixo!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio